Xa coñecemos o lema escollido pola Consellería de 
Educación, Universidade e Formación Profesional para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2019/2020: 
BIBLIOTECA  ESCOLAR, VIVEIRO  DE  CIDADANÍA
|  | 
| Ilustrador Óscar Villán | 
    «Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado 
para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo
 a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa 
disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os 
valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de 
Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora
 para todos e todas.  
    A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.»
Texto completo: Asesoría Bibliotecas Escolares  
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario