Unha das actividades que nos gusta facer sempre polo Día da Biblioteca é visitar a Biblioteca Pública Municipal do noso concello. Unha visita na que a bibliotecaria, Julia Fernández Garza, nos lembra todas as posibilidades que a BPM nos ofrece.
Ademais este ano puidemos disfrutar da exposición fotográfica Esgrafiados na Ribeira Sacra da man da súa autora Mar López Sotelo.
Durante a exposición descubrimos que é un esgrafiado e a súa presenza na Ribeira Sacra, incluso en casas cercanas a algúns dos nosos nenos/as.
Desde o centro queremos agradecer a Julia a organización desta visita e a Mar López que fose a nosa guía porque foi unha maneira estupenda de comezar este curso bibliotecario xa que coñecer o noso patrimonio para respectalo e coidalo tamén é comezar a traballar no viveiro de cidadanía.
E non queriamos rematar a visita sen felicitar á BPM polo seu aniversario, xa que este ano cumpre 25 anos; por iso, fixémoslle entrega dun agasallo que agora estará a disposición de todos os seus usuarios.
Se vós tamén queredes saber que é un esgrafiado e coñecer moitas cousas sobre eles, podedes escoitar a entrevista que Mar López Sotelo nos concedeu en Radiuvín ou acceder ás súas redes sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario