Este venres, celebrouse en Santiago a Xornada Biblioteca Creativa na que participamos todos os centros galegos que forman parte deste proxecto.
A xornada foi inaugurada por José Manuel Pinal Rodríguez (Director Xeral de Centros e Recursos Humanos) e tamén contou coa presenza de Carmen Pomar Tojo (Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional).
Para esta xornada, a Asesoría de Bibliotecas Escolares seleccionou o proxecto radiofónico colaborativo que levamos a cabo entre o CEIP A Pobra do Brollón e o noso como unha experiencia para expor aos outros centros escolares: Coñecendo os nosos concellos.
Nesta exposición Dora, directora e responsable de Biblioteca do CEIP de A Pobra, e Flora, responsable de biblioteca do noso centro; compartiron cos outros centros a orixe deste programa, como se está desenvolvendo e a súa valoración. Ademais do marco curricular no que se encadra: obxectivos, contidos, estándares de aprendizaxe e competencias clave que se traballan con el.
Para coñecer toda a información e escoitar as emisións destes programas, podedes seguir a etiqueta do noso blogue Coñecendo os nosos concellos ou acceder á presentación que realizamos.

Desde o Equipo de Biblioteca, queremos dar as grazas a todos os compañeiros do cole que están e que xa non están porque eran provisionais pero que traballaron para sacar adiante estes proxectos, ao Concello de Sober pola saída didáctica organizada para coñecer de primeira man os nosos tesouros; á Asesoría de Bibliotecas por contar con esta experiencia e a Dora, unha magnífica compañeira para este proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario