jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

   Cada ano, cando chega o Samaín ou Halloween propoñémoslle ao noso alumnado diferentes actividades:

- Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano pero seleccionadas porque non queremos que os nosos nenos e nenas teñan pesadelos.

- Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos que poden traer das súas casas voluntariamente.

- Certame de creación literaria terrorífica para alumnado de 3º a 6º de Primaria. Neste certame, dámoslle ao alumnado o principio dun libro que eles deben continuar. Este ano os libros foron:
  Pola tarde, os autores dos relatos seleccionados foron os protagonistas das Lecturas de medo lendo as súas historias ao resto do alumnado.
 
  Se vós tamén queredes escoitar os relatos gañadores podedes facelo na emisión terrorífica de Radiuvín para a que utilizamos a seguinte música: "Ghost Story", "Come Play with Me", "Day of Chaos", "Awkward Meeting" e "Oppressive Gloom"  by Kevin MacLeod (https://incompetech.com)



     Ademais os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria bailaron e cantaron a canción "El murciélago" do libro Animales enCantadores de Susa Herrera

 

   Podedes velos bailar e cantar xunto cun resumo de todas as actividades no seguinte vídeo:



No hay comentarios:

Publicar un comentario