Hoxe 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e o Día da Ilustración en Galicia; unha conmemoración que entronca directamente co obxectivo 16 da Axenda 2030.
Por iso tivemos no colexio a Dani Viétez e Iria Iglesias, que combinan á perfección estas dúas conmemoracións xa que son autores e ilustradores
de libros que potencian valores como os propostos pola UNESCO.
Nesta ocasión viñeron a falarnos da historia de Pelo de nube, un neno especial.
Nesta ocasión viñeron a falarnos da historia de Pelo de nube, un neno especial.
Como eles nos lembraron, hoxe é o Día da Paz porque o día 30 de xaneiro de 1964 morreu Gandhi e a UNESCO decidiu utilizar
esta efeméride para reforzar entre o alumnado valores como a
tolerancia, diálogo, o respecto aos dereitos humanos á non violencia e á
paz.
E por outra banda, é o Día da Ilustración en Galicia porque conmemoramosque un día como hoxe de 1886 naceu Castelao.
O obradoiro tivo dúas partes, a primeira foi un contacontos na que coñecemos a historia de Nuno, un neno diferente que no canto de pelo, tiña unha nube na cabeza. Como non coñece a ninguén cun pelo como o seu, síntese triste por ser distinto aos outros...
Pero ao final os seus pais conseguen que se decate de que precisamente esa diferenza é o que o fai único e especial.
Coñecer esta historia fixo que os nenos e nenas reflexionasen sobre os sentimentos de Nuno e sobre a importancia do respecto, a tolerancia e a convivencia na escola como valores fundamentais para a Paz.
A segunda parte da actividade centrouse máis no Día da Ilustración. Iria e Dani fóronnos explicando a relación entre o debuxo e as emocións que transmite comparando as diferentes representacións da bocas, das cellas, os ollos...
E a continuación foi o noso alumndo o encargado de ilustrar situacións que reflexasen comportamentos que podían contribuír á paz na escola.
Para que nos lembremos deste día e das ensinanzas que tratamos de transmitir, o alumnado de 2º de primaria deseñou con círculos unha nube á que lle fixeron un buratiño cun cilindro oco para colgarlle unha etiqueta conmemorativa. Despois imprimimos unha para cada alumno/a.
Se queredes saber moitas máis cousas sobre Dani, Iria e a súa paixón pola ilustración podedes escoitar a entrevista que lles fixeron Laura, Hugo e Lucas.
MOITAS GRAZAS POR ESTE OBRADOIRO TAN EDUCATIVO!!
Podedes ver todas as imaxes no enlace: GALERÍA DE IMAXES
Podedes ver todas as imaxes no enlace: GALERÍA DE IMAXES
No hay comentarios:
Publicar un comentario