Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e
Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal.
Por iso,
as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM, unhas postais que este ano, estaban feitas con material 3D.
A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O
Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu
un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a
nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que
estaban presentes neste acto.
Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais
como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
Podedes ampliar a información sobre esta noticia na publicación do Diario de Lemos seguindo o enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario