viernes, 24 de enero de 2020

OBRADOIRO DE RADIO: PONTE NAS ONDAS

   Participar por terceiro ano no Proxecto Radio na biblio destinado a centros que forman parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), permítenos contar con formación no centro para o noso alumnado.

   Para a formación deste ano achegouse ao centro Damián Alonso a través da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!.

   El é actor de dobraxe en documentais, series animadas, series para adultos, películas... que podemos escoitar en Discovery, Clan TVE, AXN White... como podedes ver no seguinte vídeo:
https://vimeo.com/232002369

  O obradoiro Escolas nas ondas constou de tres partes. Na primeira os nenos traballaron a locución tendo en conta aspectos como a transmisión da mensaxe (dicción, articulación, volume, velocidade, ton...) ou a adecuación da locución ao tipo de mensaxe (noticia, narración, publicidade, diálogos...).
  

   Na segunda parte comezamos coa parte técnica centrándonos no programa Audacity, programa de gravación e edición de audio no que os nenos e nenas aprenderon  a utilizar comandos como amplificar ou reducir volume, modificar o tempo, a velocidade, o ton...
     

   Para rematar elaboraron entre todos un programa de variedades. Comezaron pola distribución de tarefas e a redacción do guión ou escaleta.
   

  Despois foron pasando polos estudios de radio na biblioteca de xeito que todos fixeron de locutores e de técnicos de son encargándose da mesa de mesturas e da gravación.
   

 Neste programa tiveron cabida a música, as noticias, curiosidades, consellos de ecoloxía, publicidade, cine... non volo podedes perder!!



   Moitas grazas a Ponte...nas ondas! e a Damián Alonso por este obradoiro tan completo e divertido e por suposto ao Proxecto Radio na biblio polas posibilidades que nos brinda.  Seguro que lle sacaremos moito proveito!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario