Hoxe queremos presentarvos un xogo de taboleiro con escornabots que ten a finalidade de que o noso alumnado
de 2º a 6º de Primaria traballe a construción de oracións, os
pronomes e os tempos verbais de forma lúdica.
 Necesitaredes os escornabots, un taboleiro e tres dados: un de puntos, un de pronomes e outro de tempos verbais.
    
Para comezar un
xogador do primeiro grupo tira
os dados de pronomes e tempos verbais; a continuación tira o dado de
puntos e move o escornabot na dirección que queira pero programando
tantos movementos como puntos saíran no dado.
    
 Despois
deberedes construír unha oración na que combinedes a acción
representada no taboleiro e o pronome e o tempo verbal
correspondentes á tirada. Se
a oración é
correcta e tanto o pronome como o tempo verbal están ben empregados, gañaredes un escornapunto. O
xogo acabarase cando un
dos equipo acade 5 escornapuntos.
   
 Podedes introducir
variantes ás normas básicas do xogo para aumentar ou diminuír a dificultade: 
 -
Utilizar só un dos dados  (poden xogar só co dado de pronomes ou só
co dado de tempos verbais).
 -
Establecer un número de palabras mínimo na oración.
 -
Encadear as oracións de xeito que formen unha historia.
 -
Incluír a variante tipos de oracións: interrogativa, exclamativa,
enunciativa, imperativa, dubitativa...
   Xa podedes comezar a xogar porque os materiais están dispoñibles no andel correspondente da biblioteca!!!


 
No hay comentarios:
Publicar un comentario