Na materia de Investigación e tratamento da información de 4º e 6º de Primaria estabamos a desenvolver antes do confinamento un proxecto conxunto co Concello de Sober sobre o noso patrimonio.
    Neste proxecto pretendiamos que o alumnado investigase sobre diferentes monumentos do concello e elaborase un vídeo explicando as características principais de cada un deles e incluso das lendas que os rodean para  o que se desprazarían ao monumento coa técnica de turismo municipal.
    Despois o Concello de Sober encargariase de colocar  en cada monumento unha placa cun código qr para que os turistas que veñen a visitar a Ribeira Sacra puidesen acceder ao vídeo elaborado polo alumnado; deste xeito pretendiamos por en valor o patrimonio entre o alumnado e darlle visibilidade ao seu traballo.
  Pero... chegou o confinamento e o proxecto quedou sen rematar aínda que os alumnos/as seguiron investigando e presentaron a súa investigación telemáticamente.
  Polo seu esforzo queremos compartir as súas investigacións e deixamos pendentes as gravacións dos vídeos para o próximo curso:
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario