O 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: o  Día Escolar da Paz e a Non Violencia  e o  Día da Ilustración en Galicia; unha conmemoración que entronca directamente co obxectivo 16 da Axenda 2030. 
    Por iso tivemos no colexio á autora e ilustradora  Estefanía Padullés  que nos falou do seu traballo como ilustradora e da diferencia entre debuxo e ilustración, sabes cal é esta diferenza? Pois a principal diferenza é que a ilustración acompaña a un texto ao que precisamente como di o seu nome, ilustra; mentres que o debuxo non.
   Despois fíxonos unha demostración e propúxolles aos nenos e nenas facer a súa propia ilustración da frase de Gandhi  "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"   xa que precisamente o 30 de xaneiro é a data na que conmemora este día porque é a data na que el foi asasinado.
  Podedes ver todas as ilustracións no seguite pdf:
Despois reflexionaron sobre o Premio Nobel da Paz, que é? quen o merece?
 E fixeron unhas ilustracións entregando o Premio Nobel da Paz a familiares, amigos, compañeiros... que eles cren que merecerían recibilo.
   Para rematar, Estefanía contoulles os nenos e nenas de Infantil o seu libro A manchas ou a raias? (Hércules Edicións) á vez que ía facendo un mural cos protagonistas. 
   Así puideron coñecer a historia de confrontación entre os animais a manchas (xirafas, guepardos...) e os animais a raias (tigres, cebras...) e como a través do diálogo que xorde de maneira inesperada 
entre Gresa e Leopardo conseguen comprender que o aspecto da súa pel non
 é importante, facendo fincapé en valores como a toleracia, o diálogo e o
 respecto a diferenza.
   Agora só queda darlle cor as ilustracións que nos deixou Estefanía para poder colgalas nos corredores e que nos lembren o que hoxe aprendemos.
  Ademais, antes de marchar, Estefanía adicounos os libros escritos por ela que temos na biblioteca
|  | 
| Leopoldo, o pequeno monstro | 
|  | 
| A manchas ou a raias? | 
    Para rematar a conmemoración deste día o alumnado de Ed. Primaria coloreu uns puntos de lectura con imaxes, palabras e mandalas relacionados con esta data.
















 
No hay comentarios:
Publicar un comentario