Desde fai varios anos, para conmemorar o Día do Libro, realizamos unha das actividades preferidas do noso alumnado: os apadriñamentos lectores.
       Nesta actividade, os biblioaxudantes organízaronse en seis grupos 
que se repartiron polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto 
do alumnado que, tamén dividido en 6 grupos, foi percorrendo a senda dos 
libros:
Comezaba a ronda á entrada co colexio, onde Pau, Yanira e Gissela contaban o libro 10 dedos nas mans e 10 dedas nos pés de Mem Fox.
     Na biblioteca o grupo de  Pilar, Valeria e Darío, esperaban para contar o libro  Somos amigos?  de  Anabel Fernández Rey.
   Continuamos no patio de colexio. Alí estaban  Naím, Gareth e Hugo  que elaboraron uns monicreques para representar no teatriño o conto  Dez gatiñas viaxeiras  de Eva Mejuto.
Seguimos o percorrido e chegamos ao fondo do corredor para escoitar a historia que tiñan preparada Lucía, Mencía e Libertad: Un becho estraño de Mon Daporta.
   A continuación, no Salón de Actos  Iria, Susana e Lucas Fernández  representaron o libro  Un cuento para ver  de Tesa González.
A selección rematou con Lucas Rodríguez, Lola e Cristian que contaron o libro A cola do dragón de Mireia Canals no que a Cristian lle salía unha cola de verdade feita pola nai de Lola, moitas Grazas!
 FELIZ  DÍA  DO  LIBRO!!

.jpg)

.jpg)

.jpg)

.jpg) 
 
.jpg)

.jpg)
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario