Estreamos a actividade As familias contan do curso 2024-25 con Silvia, nai de Erea.
Elas viñeron a lernos o libro Hospitalario escrito por El Hematocrítico
Coa lectura deste libro coñecemos a Belén que é unha nena que acaba de ingresar na UCI dun hospital e está moi angustiada.
   Para tranquilizala, outro dos nenos que está alí ingresado empeza a falar con ela e explicarlle que o hospital non é ese sitio horrible que ela pensa senón que é o lugar onde médicxs e enfermeirxs a van a curar.
    Durante esta conversación Berta vai perdendo o medo a todos os aparellos médicos e a estar soa sen os seus pais, e vai descubrindo que o equipo médico é marabilloso.
  Co paso dos días, ao seu amigo danlle a alta e Belén queda no hospital pero chega outra nena que tamén está moi angustiada... e quen credes que a vai a axudar?
  Podedes escoitar toda a historia na seguinte emisión de Radiuvín na que Silvia e Erea comparten o libro con todos os que o queirades escoitar.
MOITAS  GRAZAS  POR  TRAERNOS  ESTA  HISTORIA  TAN  BONITA  QUE  AXUDA  ÁS  CRIANZAS  A  PERDERLLE  O  MEDO  AO  HOSPITAL!!
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario