Contiuamos coa lectura do libro Fábulas de Esopo, a antoloxía realizada por Jerry Pinkney.
Comezamos comentando o retrato de Esopo feito por Velázquez. Un retrato no que Velázquez o representa mirando ao espectador cun libro na man dereita e vestido como un mendigo aínda que é un retrato libre xa que lembramos que, segundo parece, Esopo vivu en Grecia fai máis de 2500 anos.
Para esta sesión tiñamos que ler as primeiras 20 fábulas entre as que había fábulas moi coñecidas como A lebre e o sapoconcho, O pastor e o lobo ou As cigarras e a formiga pero tamén outras menos coñecidas como O burro e o can faldreiro, O vento do Norte e o Sol ou Androcles e o león.
Tanto unhas como outras foron ben acollidas polos membros do club xa que lles gustou moito a súa lectura.
Ademais puidemos comentar moitas das ensinanzas morais ("moralejas") destas fábulas xa que seguen estando de actualidade.
Esperamos que as próximas fábulas lles gusten tanto como estas!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario