Seguimos coa lectura do libro de Anxo Iglesias, Unha nova dimensión. Premio Merlín 2022.
Nesta sesión lemos os poemas correspondentes á 3ª dimensión: "o espazo" e á 4ª dimensión: "o tempo".
En canto ao espazo, destacaron os poemas Espazo en branco sobre o espazo que hai entre as palabras, Eu, espazo protexido referíndose tanto a parte física dunha persoa como á súa forma de ser, Espazo reservado do que lles costou un pouco entender que se estaba referindo todo o tempos ás mestras, Xintáforas do extezo esparior moi curioso polo xogo de palabras que se dá coas sílabas de diversas cores e, por suposto, o Espazo de lectura moi fermoso polo seu contido pero tamén moi enxeñoso que empeza cunha acumulación á que despois se lle dá a volta.
No referido á 4ª dimensión: o tempo, destacaron Metamorfose búmerang, Preguntas intemporais e De cando é tempo de adverbios de tempo sobre todo porque non é o mesmo estudialos para clase de lingua que ler un poema sobre eles. Tamén resultou interesante reflexionar e analizar a cantidade de estrofas que se nomean e aparecen nos poemas (décimas, pareados, cuartetas, haikus...) así como recursos literarios que noutros poemas non son tan doados de analizar.

%20-%20copia.jpg)

%20-%20copia.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario