Rematamos hoxe as sesión dedicadas ao libro de Anxo Iglesias, Unha nova dimensión. (Premio Merlín 2022) cos poemas referidos á 5ª dimensión: e e fose a poesía?
Esta 5ª dimensión resultou moi sorprendente xa que a priori non ten nada que ver coas outras catro: o punto e a liña, o espazo, o plano e o tempo. Entón porque sería a poesía a 5ª dimensión?
Uu libro de poemas moi recomendable para achegarse á poesía de forma moi enxeñosa e divertida e ademais, con moi boa crítica por parte do alumnado participante no club de lectura!
Para rematar, repartimos o que será o último libro do club de lectura deste curso: Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño escrito por Eva Mejuto. Un libro dedicado á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas

.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario