Como
estaba previsto, hoxe pola mañá os nosos nenos e nenas, saíron aos
arredores do colexio para recoller setas e cogomelos.
Esta actividade gústalle moito ao noso alumnado que disfruta pescudando
entre as árbores, as matas, as pedras... ata encontrar exemplares de
todo tipo e tamaño:
Nesta xornada acompañounos Ramón Losada Pérez tanto
na saída ao campo como na súa posterior clasificación e explicación.
Foi un pracer contar coa súa presenza polo que desde aquí queremos
darlle as grazas por pasar con nós este día.
Se queredes ver máis fotos desta xornada tan interesante na que aprendemos moitas cousas e o pasamos moi ben, podedes premer no enlace seguinte:
Para recordar algunhas das cousas aprendidas hoxe, podes premer na seguinte imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario