lunes, 16 de noviembre de 2015

OBRADOIRO: CARTAS DE AMOR

   Como sempre dicimos, a lectura, os contos e a biblioteca están presentes en todos os ámbitos da vida e sobre todo, da vida escolar.

   Hoxe podemos comprobalo cos obradoiros CARTAS DE AMOR impartidos por Dona Gloria Isabel Serrato Azat e promovidos pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do Concello de Sober.

    Nestes obradoiros traballouse na educación pola igualdade efectiva entre homes e mulleres realizanto actividades co alumnado que lles fixeron reflexionar sobre os roles de cada quen: oficios, xogos, ditos...

    Para os nenos e nenas de educación Infantil, o punto de partida foi o conto "A princesa diferente"

    Hai non moito tempo, e nun lugar non tan afastado, vivía unha princesa que se chamaba Alba Aurora, a cal tiña unha fermosa cabeleira negra a media melena, o suficientemente longa como para que non se lle enredase nas ramas das árbores ás que lle gustaba subir polas mañás para ver o amencer antes que ninguén.

    Alba Aurora era moi delicada e amable; pero tamén moi áxil e deportista e encantáballe ir a escalar todos os sábados montañas ou ir a acampar na praia.

    Un día escoitou un ruído na súa ventá. 

    - Quen será? -  preguntouse. 

    Era nada máis nin nada menos que o Príncipe Azul que viña a rescatala; segundo lle explicou.

    - Pero a rescatarme de que? - preguntou Alba Aurora

    - Non sei - dixo algo desorientado o Príncipe Azul - quizais dun bruxo malvado ou dun dragón malhumorado ou dun ogro enorme?

    - Pero se non coñezo ningún bruxo malvado, ningún ogro enorme e, peor aínda, ningún dragón malhumorado! Ademais se así fose, seguro que xa houbese encontrado eu mesma a forma de liberarme" - dixo Ala Aurora.

    O Príncipe moi triste ao decatarse de que non tiña que facer nada, dispúxose a baixar pola ventá por onde subira pero Alba Aurora preguntou:

    - Coñeces a muralla chinesa?

    - A muralla chinesa? Pois non! - exclamou o Príncipe.

   E nin ben rematou de dicir que non, ela colleuno do brazo, baixaron xuntos pola ventá, subiron na moto e fóronse xuntos a coñecela.  Así foi como a princesa diferente e o Príncipe Azulforon a percorrer o mundo e se fixeron amigos.

   E colorín colorado, este conto ten comezado...

(Educando en Igualdade. Guía para Educación Infantil
Realizado por FETE - UGT en colaboración co Instituto da Muller e o Ministerio de Igualdade)


Para ver máis imaxes desta actividades preme no seguinte enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario