viernes, 18 de noviembre de 2016

MONTANDO UN ESCORNABOT CO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Faltábanos un escornabot por montar e os nenos e nenas de 3º e 4º foron os encargados de facelo.

Para construílo, fóronse guiando polo vídeo elaborado para o curso de Escornabots.

Nas seguintes imaxes podedes ver como foi o proceso e o concentrados que estaban:






FUNCIONA!!

Pero...hai un problema...o ESCONARBOT  VAI  AO  REVÉS!!
EN VEZ DE IR PARA ADIANTE; VAI PARA ATRÁS!!

   Despois dun rato pensando, chegamos á conclusión de que a placa base estaba ao revés. Así que tras desmontar a botoneira e darlle a volta volvemos a probar e... PROBLEMA  SOLUCIONADO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario