Hoxe tivemos unha visita especial: os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP A Gándara coas súas profes.
Viñan de visitar a Rectoral de Gundivós na que Elías lles explicou os segredos da olería e a Escola de Hostelería de Rosende.
Foi un xantar moi divertido no que se puideron coñecer e compartir momentos de xogo.
Despois do xantar, para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa da música; todos asistimos a un concerto do Coro Berea onde o pasamos de marabilla.
Desde aquí queremos agradecerlle a todos os seus membros así como á súa directora esta actuación desinteresada.
Outros vídeos:
Antes de dar por rematada esta convivencia, foi tempo para o intercambio de agasallos entre as bibliotecas.
O noso alumnado tiña preparado uns marcapáxinas conmemorativos desta data:
E os nenos e nenas de A Gándara
trouxéronnos varios xoguetes elaborados con materiais de refugallo e uns
libros nos que nos falan sobre eles.
ESTAMOS DESEXANDO QUE SE REPITA, pero mentras tanto
podes recordar todas as imaxes deste día no seguinte enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario