viernes, 6 de octubre de 2017

XORNADA DE FORMACIÓN 3D

   Hoxe asistimos en Santiago a unha sesión de formación en impresión 3D para os centros que participamos por segundo ano no proxecto piloto Escornabots na biblioteca escolar. (Formación Impresión 3D - Proxecto Escornabots na biblioteca escolar - 2)

   Foi unha xornada moi interesante na que aprendemos moito sobre deseño e impresión para poder traballar nas nosas bibliotecas con esta impresora.

   De esta xornada tamén saímos con deberes. A primeira proposta foi unha unha moeda do carrito da compra personalizada coas inicias da Asesoría de Bibliotecas Escolares (ABE) á que lle puxemos un buratiño para metela no chaveiro.
   A segunda proposta  é aínda máis interesante xa que supón un novo Escornabot para a biblioteca!!
  Desde a Asesoría déronnos todos os compoñentes electrónicos necesarios para montar un escornabot, agora nos teremos que imprimir o resto das pezas... Veremos se somos capaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario