Por quinto ano, o colectivo LEMOS LE do que a nos biblioteca forma parte activa; ven de organizar unha xuntanza de confraternidade para conmemorar o Día da Biblioteca na que nos reunimos persoas de todos os sectores relacionados coa
cultura, a lectura e a educación da nosa comarca.
Nesta ocasión a conmemoración tivo lugar no Concello do Saviñao e comezou cun roteiro arredor da figura de Balbina López Somoza, protagonista do IV Certame Mulleres de Lemos.
Durante o roteiro, descubriuse unha placa no edificio da farmacia
de Balbina coa que o Concello quixo facerlle unha homenaxe. O encargado
de descubrir esta placa foi o seu fillo Manuel Taboada.
A continuación tivo lugar unha cea, na que Juan Carlos Armesto Quiroga, teniente alcalde do Concello anfitrión foi o encargardo de darnos a benvida ao Colectivo e a todas as persoas asistentes.
Despois desta fermosa proxección fíxose entrega dos premios correspondentes ao Certame Mulleres de Lemos:
1º PREMIO BANDA DESEÑADA polo uso da linguaxe do cómic para Víctor Domínguez.
1º PREMIO CATEGORÍA DIVULGACIÓN para María Isabel Fernández García
Para dar por rematado o IV Certame, dirixíronnos unhas palabras o fillo e o neto de Balbina e
adiantamos que a V edición terá como protagonista a unha muller do
Concello de Bóveda.
Para o Colectivo tamén é moi importante é imprescindible fomentar a
lectura e para que existan obras literarias que ler nas bibliotecas é
imprescindible tamén a existencia de escritores e escritoras. Desde que
comezou a nosa andaina; cada ano contamos coa colaboración de escritores
da comarca que nos agasallan cos seus textos.
Para esta xuntanza, editamos un marcapáxinas co texto co que o ano pasado nos agasallou Lois Diéguez:A estrela azul de MM e outro co texto co que estas colaboracións comezaron: O escritor fala dos libros de Manuel Veiga.
Para esta xuntanza, editamos un marcapáxinas co texto co que o ano pasado nos agasallou Lois Diéguez:A estrela azul de MM e outro co texto co que estas colaboracións comezaron: O escritor fala dos libros de Manuel Veiga.
O escritor que nos agasallou este ano coas súas verbas foi Ramón Sandoval
autor soberino que recibiu varios premios literarios ao longo da súa
vida. Ademais de acompañarnos, regalounos a lectura en primeira persona
do fermoso texto que nos enviou e que relata a súa relación cos libros e coa literatura.
E aquí nos tedes ás mestras que representamos á biblioteca do colexio
e nesta imaxe cos outros representantes do noso concello:
con Julia Fernández Garza (bibliotecaria da BPM de Sober) e
con Luis Fernández Guitián (o noso alcalde)
No hay comentarios:
Publicar un comentario