martes, 10 de octubre de 2017

LECTUVÍN EN 3D

Como todos sabedes a mascota da nosa biblioteca é Lectuvín un acio de uvas lector.
 Lectuvín é moi importante para nós xa que nos acompaña durante todo o curso e nos propón moitas actividades desde a biblioteca; por iso queriamos que a nosa primeira impresión 3D estivese dedicada a el.

   Pois ben, aquí tedes o resultado do primeiro deseño da biblioteca en 3D. Para conseguilo deseñamos o seu corpo co programa tinkercad e importamos de thingeverse unha folla de vide deseñada por miodragd.

Tamén fixemos un máis pequeno para que non se sentira só.
Agora rematámolo dándolle cor...
...e xa temos un primeiro modelo de Lectuvín aínda que seguiremos intentando perfeccionalo!!

1 comentario:

  1. Jaja pantera rosa total!! Pero moi lograda. A impresión "plana" ten os seus efectos... Eu fariaa en 3 dimensions e menor tamaño para facela mais realista.
    No noso cole fixemos a CASTAÑÓN e quedou perfecta, o ourizo e as tres castañas dentro...
    CEIP Plurilingüe de Carballedo (Pablo)

    ResponderEliminar