Hoxe a Biblioteca Pública Municipal do noso concello está de noraboa pois co seu proxecto Sober lee 2017, foi premiada na XVIII Campaña de Animación a Lectura María Moliner organizada polo Ministerio de Educación.
Este concurso ten por obxectivo "premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías" (www.mecd.gob.es).
Acadar este galardón un ano máis, reflexa o bo facer de Julia Fernández Garza e de Dunia Vázquez.
PARABÉNS COMPAÑEIRAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario