Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, adicou dúas sesións aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias sendo o tema principal o tacabo:
riscos, consecuencias, composición...
Na primeira sesión, ademais de
conversar e concienciar aos nenos e nenas sobre todos os inconvintes
deste mal hábito coñecendo algunhas das substancias que se encontran nun cigarro, o alumnado levou a cabo un experimento co que puideron
decatarse dos residuos que un só cigarro deixa no algodón e que son os
mesmos que deixaría no noso pulmón.
Na segunda sesión coñeceron máis detalles sobre o tabaco e fixeron unha práctica na que tiñan que rechazar una invitación a fumar dando argumentos en contra do tabaquismo.
Para rematar firmaron un Contrato de Compromiso, no que se "comprometen" a non fumar ao chegar ao Instituto.
Esperemos que o cumpran!!
Si insisten....RESISTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario