Aquí está a nova emisión do programa Coñecendo os
nosos concellos, que xa é a quinta!!
Na
última emisión dos alumnos do CEIP da Pobra do Brollón, contáronnos moitas cousas sobre as
singularidades da viticultura da súa zona e preguntáronnos sobre
os monumentos que hai en Sober.
Pois
ben, a raíz desta pregunta, quixemos achegarnos ao patrimonio do
noso Concello para coñecer mellor o lugar onde vivimos, darlle o
valor que se merece e difundilo para que non se perda e que outros
tamén poidan coñecelo.
Así que, en
colaboración co Concello de Sober e a Oficina de Turismo, o centro
organizou a saída didáctica Na
procura dos tesouros de Sober
para achegarnos a algúns dos monumentos máis importantes da nosa
localidade a través dunha busca do tesouro na que tiñamos que estar
moi atentos ás explicacións da nosa guía Mari Fé.
Con todos os datos obtidos nesta excursión, elaboramos o guión deste programa radiofónico. Escoitade atentos!!
Esperamos que esta emisión vos
gustase tanto como a nós!
Ouvímonos na próxima edición na que esperamos escoitar a vosa resposta!
Ata pronto!!
Ouvímonos na próxima edición na que esperamos escoitar a vosa resposta!
Ata pronto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario