Este sábado 11 de maio, celebrouse a II Escaleira Literaria de Sober organizada por Moncha Prieto e Neus Canadell coa colaboración do Concello de Sober na que participaron alumnos do noso colexio.
A escaleira comezou cunha breve achegamento á vida e obra de Antonio Fraguas a cargo de Xose manuel Fernández.
Despois os nosos alumnos Senén, Laura G., Mara, Uxía e Aitana leron os traballos
realizados sobre o medio ambiente para o certame das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
O acto continuou con Sara González e Neus Canadell que representaron a lenda ‘A lavandeira da noite’.
A continuación houbo un recital no que varios autores compartiron as súas creación literarias: Luis
Fernández Guitián, Ramón Sandoval, Mercedes Marcos, Alfonso Campos,
Paco Ledo, Rosa García e Moncha Prieto.
Tamén estivo presente a Escola Municipal de Teatro de Sober coa posta en escena da obra de Manuel Lourenzo ‘Margot na residencia’, dirixida por Eva F. Ferreira. As actrices foron Ana Somoza e María Trigo.
O recital rematou coa actuación do grupo musical O Trícole que xa estivera acompañando musicalmente os recitados dos poetas.
Para falarnos sobre este acto e a súa organización tivemos nos estudos de Radiuvín a Moncha Prieto e Neus Canadell ás que desde aquí queremos agradecer a súa presenza e o seu tempo.
Durante a emisión do programa tamén poderedes escoitar os relatos do noso alumnado que, como xa dixemos, versan sobre o medio ambiente xa que é o tema do certame de narración e debuxo convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo para o Día das Letras Galegas .

No hay comentarios:
Publicar un comentario