jueves, 23 de mayo de 2019

CANTAMOS?

   Hoxe tivemos na biblioteca do colexio a Celtia Figueiras, actriz, dramaturga e autora dos textos do libro Cantamos?.
   A través desta sesión escoitamos contos tradicionais narrados en lingua galega pero tamén cantados coa música de Luis Valecillo: Rosi, Os tres porquiños, O parrulo feo e O gato con botas foron os protagonistas desta sesión.
    Tamén tivemos tempo de bailar co conto cantado de Xan sen medo

    Para saber máis sobre este libro podedes premer no seguinte enlace Cantamos? e para gozar da súa música e das súas historias non dubidedes en collelo prestado na biblioteca que, ademais, agora está dedicado por Celtia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario