jueves, 2 de mayo de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

    O 2 de maio é o Día Internacional contra o Acoso Escolar.  

   Esta data ten como finalidade concienciar sobre un problema que afecta a escolares de todo o mundo: ciberacoso, bloqueo social, coaccións, agresións, insultos... 

   É para loitar contra esta lacra e contra actitudes que non queremos no noso centro, as biblioaxudantes Uxía e Gisela léronnos o libro ROJO o por qué el bulling no es divertido de Jan de Kinder.
     Este libro comeza cando Tomás se pon colorado e entre os seus compañeiros comenzan tamén as bromas, as risas e os murmurios que van aumentando ata que a situación deixa de ser graciosa para todos menos para un dos nenos que continúa ridiculizándoo e agredíndoo.
    Cando a mestra pregunta se alguén sabe o acontecido, os alumnos non saben se confesalo ou non: queren facelo e deben facelo, pero teñen medo. Ata que unha man se levanta e detrás desa outra e outra porque xa non queren calar e forman un frente común contra o acosador que queda aislado.
   É un libro que presenta o acoso escolar desde a perspectiva de aqueles que involutariamente son cómplices porque polo propio medo a ser eles os acosados, non se enfrontan ao acosador: que pasa polas súas cabezas? deben facer o correcto ou mirar cara outro lado? o risco de ser eles os acosados é máis forte que defender ao acosado?

   

    Se queredes coñecer esta historia e o que as nosas biblioaxudantes teñen que dicir, podedes escoitar a seguinte emisión de Radiuvín:


   Esperamos que o noso alumnado aprendese que aínda que non somos responsables dos actos doutras persoas, si somos responables da nosa actitude ante eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario