Como xa dixemos, este ano lembramos os principais aspectos da formación de usuarios da biblioteca a través de vídeos elaborados polo propio alumnado (Ver vídeos).
Unha vez que tiñamos estes conceptos claros comezamos un xogo de pistas para reforzalos: o alumnado tiña que superar diferentes probas na biblioteca para atopar letras agochadas coas que formar unha palabra que abrise o crytex no que se atopaba a chave que abriría o candado que pechaba o gran tesouro.
As probas foron realizándose durante diferentes días ata que atoparon todas as letras e chegou o momento de descubrir o que agochaba Lectuvín:
Coas letras tiveron que formar a palabra adecuada para abrir o crytex, cousa que non foi tan doada xa que había letras trampa e varias combinacións posibles ata que coa palabra BIBLIO accederon á chave coa que abrir o candado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario