viernes, 22 de noviembre de 2019

SEMANA DA MÚSICA 2019: A PERCUSIÓN

  Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por sétimo ano consecutivo a Semana da Música.

    Durante toda a semana, celebrouse un certame na biblioteca no que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de  instrumentos aos que se lle adicou este ano a semana musical: A  PERCUSIÓN.

    Para rematar as actividades, tivemos no centro a José Luís García, Profesor Superior de Percusión no Conservatorio Meste Ibáñez.
   El ensinounos moitas cousas sobre estes instrumentos e puidemos coñecer de cerca varios membros da familia. Comezamos coa caixa, nunha interpretación na que descubrimos as súas posibilidades sonoras xa que non só a tocou coas baquetas como estamos acostumados a oíla senón que tamén o fixo cos dedos e as unllas!!

   Continuamos coa Marimba, quizáis un dos instrumentos de percusión de altura determinada máis coñecidos. Para presentala, ademais de escoitar ao noso convidado, desfrutamos tamén dun dúo coa nosa alumna Laura.

   Outros instrumentos que xa coñeciamos no cole pero que José Luís nos presentou de forma máis profesional foron os instrumentos de pequena percusión: güiro, maracas, pandeireta, claves....
   E tamén aprendemos a diferenza entre caixa, tambor e tamboril que aínda que parecen semellantes son diferentes.
    Outra cousa que aprendemos hoxe foron os diferentes tipos de baquetas que existen dependendo do instrumento que vaiamos a tocar ou dos efectos que queiramos acadar.
 

   Para rematar o concerto non podía faltar a batería, o instrumento que máis lles chama atención aos nenos e nenas e co que o pasaron xenial!
 
  Ao finalizar o concerto, José Luís entregou os premios ao alumnado gañador do certame de investigación, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324) e tamén lle entregamos a el  unha peza de alfarería de Gundivós para agradecerlle a súa presenza neste concerto didáctico.
 
 

    E non podíamos dar por rematada esta actividade sen que o noso convidado pasara polos estudos de Radiuvín para compartir cos seus alumnos Laura e Darío unha entrevista que podedes escoitar no seguinte podcast. Ademais outra razón pola que tiña que pasar por Radiuvín é que varias das sintonías da nosa emisora (como a de Sobericias) son da súa autoría.


E  AGORA,  SE  QUEREDES  VER  MÁIS  MOMENTOS  DESTA  ACTIVIDADE,
PODEDES  FACELO  PREMENDO  NA  GALERÍA  DE  IMAXES.

FELIZ  DÍA  DE  SANTA  ICÍA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario