Na actividade "As familias contan" de hoxe, acompañáronnos Estrela, Noé e a súa nai Paula para contar o libro Tucho Despistes escrito por Ana Santiso.
Un día xogando no río coñeceu a Pirucho que era un peixe moi educado que se fixo o seu amigo e lle deu un consello: "colle o medo, a rabia e a pena e méteos nunha botella".
Ademais mergullouse no río con Pirucho e un traxe que lle prestou o seu amigo e coñeceu á monstra Tomasa que era a que tiña gardadas todas as cousas que perdera: as chaquetas, a bicicleta, o arroz normal...
Tamén viron á mostra rabia e ao monstro medo pero ao final marcharon espantados e, aínda que a súa nai non creu a historia que Tucho lle contou, as notas apareceron e ela asinounas encantada.
Desde esas Tucho xa non ten tantos problemas e na súa casa son moi felices, "só teñen broncas gordas cando hai para cear troitas".
Se queredes escoitar esta historia rimada, podedes facelo no podcast que gravaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS POR VIR A COMPARTIR CON NÓS A HISTORIA DE TUCHO DESPISTES QUE CONSEGUIU VENCER AO MEDO, Á RABIA E Á PENA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario