miércoles, 30 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA (12 - 2024/2025)

    Hoxe tivemos unha nova sesión do club de lectura dedicada ao libro Os contos do Lobicán escrito por Eva Mejuto.

     Durante a mesma estivemos falando sobre aspectos propios do xénero teatral reflectidos no libro como os escenarios, as acotacións, a forma de falar dos personaxes cando manteñen un diálogo con outro ou cando fan un aparte... 

   Tamén falamos das ilustracións porque lles chamou moito a atención a gama de cores xa que so utiliza o azul, o negro e o vermello sobre branco. Entre elas destacaron a da páxina 26 e a da páxina 31 porque non entendían ben esas ilustracións.

        Para rematar a reflexión sobre o libro, puxemos o foco no propio argumento xa que é un libro que lle dá a volta á visión dos personaxes dos contos que temos sobre os malos e os bos e porque igual, coma na vida, pode que os malos non sexan tan malos e os bos non sexan tan bos.

 

   Despois as moderadoras propuxémoslles aos membros do club facer unha representación do libro e a eles encantoulles a idea así que a proposta para a próxima sesión é que pensen ideas para a representación: os títeres, os decorados, a distribución da lectura...


No hay comentarios:

Publicar un comentario