Unha nova familia sumouse hoxe á actividade "As familias contan" xa que estivo na biblioteca Santiago, o pai de Xiana, para lernos o libro La Yak más pequeña escrito por Lu Fraser.
Con esta lectura coñecemos a Greta, unha yak moi áxil e cunha lá moi rizada pero... era máis pequena da manda e iso facía que non se sentira moi ben.
Aínda que a súa nai lle dicía que non tiña importancia a estatura, Greta tiña moitas ganas de medrar e facía todo o que podía para conseguilo: comía moito verde, facía moito deporte, lía moito para que a súa mente tamén medrase... mais non había nada que facer! Non medraba!
Un día, mentres estaba angustiada xogando na neve, oíu que a chamaban. A manda necesitaba a súa axuda porque un yak pequeniño quedara atrapado no alto dunha montaña moi estreita e ningún outro membro da manda podía axudalo.
Ao final, Greta decatouse de que o tamaño non importa tanto e díxose a si mesma:
"Tampoco está mal ser pequeña!
Tengo el tamaño que debería tener una Greta
Soy como soy...
maravillosamente pequeña"
Se queredes escoitar todo o conto podedes facelo no seguinte podcast que Santiago e Xiana gravaron en Radiuvín:
MOITAS GRAZAS POR VIR A LERNOS ESTE CONTO QUE NOS FIXO RECAPACITAR SOBRE A IMPORTANCIA DA AUTOESTIMA E DA ACEPTACIÓN DUN MESMO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario