miércoles, 14 de mayo de 2025

DÍA DA FAMILIA

   O 15 de maio celébrase o Día Internacional da Familia e nas aulas de Educación Infantil traballouse o tema da familia a través de dous contos: Porque te quero moito  de Milja Praagman que conta a historia dunha nena e a súa avoa que se queren moito e Palabras con corazón de Kate Jane Neal, que fala sobre o poder das palabras e o impacto que teñen nos nosos corazóns.


Despois da lectura dos contos as crianzas elaboraron uns agasallos para as súas familias.

Para comezar o traballo as mestras grabaron un disco de madeira coa impresora láser do centro. 

Logo os nenos e nenas foron ensartando abelorios de cores nun arame coa consigna de non poñer dúas contas seguidas da mesma cor.






Unha vez que o arame tiña todos os abelorios necesarios pechouse e déronlle forma de corazón.
Así de bonitos lles quedaron!



FELIZ  DÍA  DAS  FAMILIAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario