viernes, 8 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER 2019: BONITAS

    Para conmemorar o Día da Muller deste ano, na biblioteca traballamos co libro Bonitas de Stacy McAnulty.
   Este libro trata de facernos reflexionar sobre os estereotipos que se atribúen ás "nenas bonitas". Botando man da ironía e do inxenio podemos ler frases de uso común á vez que vemos ilustracións que as contradín. 

    Deste xeito, as nenas poden elexir entre xogar a ser princesas ou piratas, xogar ao fútbol ou ás bonecas ou calquera outra cousa aínda que non sexa tradicionalmente feminina.
 
    O noso alumnado pasa a formar parte deste libro e das súas ilustracións, traballando co croma: unha tea verde que se substitúe despois pola imaxe escollida.
 

   Mirade atentos o vídeo que fixemos para que non perdades detalle da edición, veredes ás nosas nenas e, por suposto, aos nosos nenos que tamén son BONITOS!!

    Despois do visionado e de que as biblioaxudantes leran o conto na biblioteca, abriuse un debate e unha reflexión moi interesante entre todo o alumnado para chegar á conclusión de que TODOS   E  TODAS   SOMOS  IGUAIS!! que, aínda que é algo que xa sabiamos, sempre é bo recordalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario