viernes, 1 de marzo de 2019

É TEMPO DE ENTROIDO. Os biblioaxudantes contan

    Hai algo mellor que comezar o día de entroido cun libro?

    Nós cremos que non e por iso, as biblioaxudantes Mara, Gisela e Uxía prepararon a lectura do libro É tempo de entroido de Ramón D. Veiga.

   Neste libro xúntanse os personaxes máis tradicionais do entroido galego (peliqueiros, cigarróns, madamas...) para facer unha comida xuntos na que non faltará ningún ingrediente do cocido nin filloas ou orellas.

      Ademais prepararon tamén un baile coa canción do libro que podedes escoitar premendo na portada do libro.
https://vimeo.com/301619166

    E  por suposto, despois deste conto, que credes que habería hoxe de comer??  COCIDO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario