No colexio convertímonos por unhas horas nun libro aberto de poesía en galego de autores galegos.
Os máis pequenos foron os lapis que todo autor necesita para escribir a súa obra.
Os de primaria repartíronse por clases para representar diferentes autores:
- 1º e 2º eran o libro Cantares Gallegos de Rosalía Castro.
- 3º e 4º elexiron Os soños na gaiola de Manuel María
- 5º e 6º levaban o libro Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez.
- e as mestras, Polo correo do vento de Aquilino Iglesia Alvariño.
Cada un dos disfraces levaba na parte dianteira un poema do libro cunha ilustración e o seu marcapáxinas e na parte traseira a portada e a contraportada coa súa etiqueta correspondente.
Con estes traxes percorremos as rúas de Sober acompañados de familiares e veciños que incluso nos agasallaron con caramelos.
Ao chegar á praza do Concello os alumnos recitaron as súas poesías para todos os presentes.
Despois desde o Concello agasalláronnos cunha bolsa de chuches e xa de volta ao colexio visitamos aos maiores na Residencia Nuestra Señora del Carmen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario