Rematamos as actividades bibliotecarias do mes de marzo con Cristina, a nai de Leonor, que participou hoxe en As familias contan.
Cristina estrenouse nesta faceta de contadora co libro Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga e Roger Olmos no que hai lobos grandes e lobos pequenos, durmidos, espertos, xigantes, ananos, de cores, trampulleiros, con lentes, con sombreiros... lobos que están esperando a que os chamen para un conto.. cal será o seguinte en actuar?
E para que a estrea fora completa e que todos poidades escoitar este conto tan divertido, Cristina e Leonor pasaron tamén polos estudos de Radiuvín.
O contacontos seguiu cunha sesión para os nenos e nenas da clase de Leonor. Agora foi a quenda do libro O coelliño branco de Xosé Ballesteros.
Este coelliño foi un día á horta a buscar coles para facer un caldiño pero cando volveu atopou a súa casa ocupada pola cabra Cabraza. Coa súa valentía e a axuda dos seus amigos tentará reconquistar o seu fogar... será quen de conseguilo?
MOITAS GRAZAS POR VIR A CONTAR!!
ESPERAMOS VOLVER A VERVOS NA NOSA BIBLIOTECA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario