No Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebráronse os
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia 2019, nos que
nos xuntamos os representantes das 700 bibliotecas escolares dos
centros PLAMBE.
Para estes encontros, a Asesoría de Bibliotecas Escolares seleccionou o proxecto radiofónico Coñecendo os nosos concellos que levamos a cabo entre o CEIP A Pobra do Brollón e o noso, como unha experiencia para expor aos outros centros escolares.
Nesta exposición Dora, directora e responsable de Biblioteca do CEIP de A Pobra, e eu explicámoslle aos outros centros como entre nolas dúas e Montse, naceu esta idea nas xornadas de novembro, como se está desenvolvendo e a súa valoración.
Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca,
quero dar as grazas a todos os compañeiros do cole que traballan para sacar adiante estes proxectos, á Asesoría de Bibliotecas
por contar con esta experiencia e a Dora, unha magnífica compañeira para este proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario