A Semana da Prensa é unha semana que nos serve para reflexionar sobre a importancia deste medio de comunicación e para analizar cunha visión crítica as noticias que se publican.
Para esta conmemoración fixemos diferentes actividades:
- LECTURA DE XORNAIS NA HORA DE LER: durante a hora de ler desta semana, o alumnado podía escoller entre exemplares do xornal O Papagaio (xornal escolar), El Progreso ou La Voz de Galicia que son os tres xornais que temos no centro.
- DIFERENZA ENTRE NOTICIA E ARTIGO DE OPINIÓN: o alumnado de 6º de Primaria elaborou unha nova emisión de Sobericias explicando a diferenza entre unha noticia e un artigo de opinión con varios exemplos que tiveron como tema o entroido en Sober.
- TRABALLO COS XORNAIS NAS AULAS: un día da semana, traballouse a área de Lingua galega cos xornais, decatádonse o alumnado de que todo o dado nesta materia se pode encontrar na prensa: ortografía, gramática, comprensión de textos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario