viernes, 12 de abril de 2019

XINCANA DE PASCUA

      Para irnos de vacacións de Semana Santa con bo sabor de boca, organizamos unha xincana na que todos os nosos alumnos e alumnas repartidos en equipos debían superar varias probas organizadas polo Equipo de Biblioteca e pola mestra de Educación Física.

   ESCORNABOTS  EN  INGLÉS: nesta proba a teacher preparou varias tarxetas de vocabulario con imaxes e palabras xa traballadas na aula que estaban realacionadas con estas datas .

   Con estas tarxetas de vocabulario colocadas no taboleiro, ela foilles facendo preguntas e dándolles definicións para que o alumnado adiviñara a qué casilla do taboleiro debían dirixir o escornabot.
 

    OBRADOIRO  DE  POESÍA: neste obradoiro os grupos atopaban varias palabras coas que debían facer escribir unha poesía.

    Despois de darlles unhas cantas voltas, saíron poesías ben rimadiñas!!

 
 

   CARREIRA DE OVOS DE  PASCUA: este xogo tradicional consiste en levar os ovos de pascua nunha culler que se suxeita coa boca... diversión asegurada!!
 

  XOGANDO  CON  TANGRANS: os grupos de alumnos tiñan que enfrontarse a dous tipos de tangrans: o tangran clásico co que debían construír os coellos propostos e un tangran oval impreso na nosa impresora 3D que representaba o ovo de Pascua.

    RUGIDOS  Y  OREJAS (Chih-Yuan Chen): para superar esta proba os nenos e nenas tiñan que estar moi atentos á lectura deste conto no que coñeceron a Orejas que é unha coelliña á que desde pequena lle ensinan a buscar comida nos prados e a escapar dos leóns e a Rugidos que é un león ao que lle ensinan a cazar coellos; pero... que pasará cando os dous se encontran unha tarde chuviosa? 
 

    PONLLE  A  COLA  AO  COELLO: un xogo xa coñecido no que por quendas, un membro do equipo debe poñerlle a cola ao coello seguindo as indicacións dos seus compañeiros.

 CARREIRAS  CON  GLOBOS: para superar a pobra das carreiras con globos, debían correr por parellas suxeitando o globo coas partes do corpo propostas sen usar as mans.


   Por cada proba superada, o grupo conseguía un par de pezas dun quebracabezas e sendo capaces de montalo, encontraban o reto final que os levaría ao tesouro de ovos  de Pascua.

En Melilla hai tres,
en Madrid ningunha
e en Castela e Galicia unha.
Que é?


No hay comentarios:

Publicar un comentario