viernes, 12 de abril de 2019

DETECTI 5º - 6º. Retos finais.

   A axencia de detectives de 5º e 6º, chega ao seu fin por este curso cos dous últimos retos.
O último prantexado nas aulas era o reto nº 11, un reto de lóxica.

    E o reto definitivo, fíxose o último día antes das vacacións coa axuda de todos os nenos e nenas do colexio. Se lembrades, ese día fixemos un circuíto con diferentes probas polas que todo o alumnado repartido en grupos tiña que pasar: escornabots, lecturas, carreira de ovos, poesía, carreira de sacos, poñerlle a cola ao coello, tangram e carreiras con globos.

   Por cada proba superada, o grupo conseguía un par de pezas dun quebracabezas e sendo capaces de montalo, encontraban o reto final:
En Melilla hai tres,
en Madrid ningunha
e en Castela e Galicia unha.
Que é?
   
    Á solución deste reto dáballes tamén a ubicación do tesouro que consistía nun ovo de Pascua para cada membro do equipo.

    Queredes saber a solución de ambos retos? Pois escoitade atentos!


   Para rematar esta actividade todos os participantes recibiron un agasallo da impresora 3D cun deseño de Sherlock Holmes de  RunningUtes ao que lle quitamos a pipa e lle engadimos unha lupa e o texto Detecti 5º ou Detecti 6º.
 

   Os alumnos que, ademais de participar, conseguiron resolver 10 ou máis retos levaron como premio o libro Abremente da Editorial Catapulta correspondente ás súas idades; un libro para aprender e divertirse con preguntas e respostas desafiantes e entretidas.


ATA  O  PRÓXIMO  CURSO, DETECTIVES!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario