Hai poucos días que estivo na biblioteca a bióloga
Patricia González polo
Día da nena e a Muller na ciencia; pois ben...parece que sementou curiosidade científica no noso alumnado que estivo a recoller mostras no centro e no patio de recreo para poder observar a través dos
microscopios esteroscópicos que recuperamos do antigo laboratorio.
Estes microscopios permiten observar as mostras en tres dimensións xa que ao ser binoculares, a imaxe observada chega aos nosos ollos a través de dúas lentes distintas e polo tanto, xera unha visión tridimensional.
Ademais teñen unha vantaxe para o alumnado que é que a mostra non necesita preparación previa para ser observada por iso, os alumnos puideron ver directamente as mostras recollidas. Tamén aproveitaron para sacarlles fotos coa tablet.
|
Servilleta de papel |
|
Plastilina |
|
Folla seca |
|
Florciña |
|
Margarida |
No hay comentarios:
Publicar un comentario