O alcalde de Sober, Luis F. Guitián, entregou no Centro Sociocultural da localidade o premio ao debuxo gañador do V Certame de Debuxo da Feira do Viño de Sober correspondente a súa XXXIX Edición.
Os nenos participantes do noso centro, do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e do colexio de Currelos; asistiron ao acto de entrega no que Julia Fernández deu a coñecer o nome do ganador lendo a acta do certame do que foron xurado Rodrigo Coucheiro,
gañador do certame de carteis da XXXIX Feira do Viño de Amandi e Eva
Abal, empresaria e emprendedora da localidade especializada en deseño e
interiorismo.
Entre os máis de 100 debuxos presentados, a gañadora foi Uxía Trail Bates que recibiu un premio valorado en 150 euros e viu convertido o seu debuxo nunha tarxeta
postal prefranqueada que o Concello enviará aos Centros Galegos de Europa e América
co obxectivo de conseguir unha difusión internacional.
Estas tarxetas postais impresas por Correos estarán
á disposición do público na Oficina de Turismo de Sober a un prezo de
1,5 euros.
Concedeuse un accésit de 50 euros ao mellor debuxo de cada colexio participante: Patricia López, de Currelos; Celia María García, do Monte Baliño de Pantón e Xoán Pérez, de Sober.
Esta entrega de premios foi publicada pola prensa escrita da nosa comarca:
La Voz de Galicia, 11/04/2019 |
El Progreso, 11/04/2019 GALERÍA DE FOTOS |
No hay comentarios:
Publicar un comentario