Este ano a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en 
Lingua Galega) mandou aos centros de ensino unha proposta que consistía en ilustrar uns versos de Rosalía de Castro e despois elaborar un collage con eles. Nós fixemos unha variación e cambiamos o collage por uns pequenos vídeos.  Esperamos que vos gusten!!
Ademais das ilustracións tamén fixemos un certame de investigación no que o alumnado de primaria tiña que investigar sobre a biografía e as obras de Rosalía de Castro e cubrir unhas fichas elaboradas por varios centros educativos de A Coruña que eles mesmos compartiron con nós a través do e-mail.
Hoxe despois do visionado das montaxes dos videopoemas, entregamos os agasallos ao alumnado que participou neste certame porque o fixo moi ben!!
FELIZ  DÍA  DE  ROSALÍA!!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg) 
 .jpg)
.jpg)
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario