O noso centro tivo a oportunidade de participar nunha videoconferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" de Illa Decepción para coñecer de primeira man o seu labor e as actividades que están realizando alí.
   Durante esta conferencia un dos científicos que está na base e o Capitán de Transmisións, Pablo Álvarez Balsa, faláronnos sobre aspectos moi diversos da súa campaña.
   Primeiro empezamos coñecendo a Antártida como continente: a súa xeografía, o clima, a súa historia e o tratado Antártico que permite estas investigacións.
    Despois explicáronnos as diferentes especies animais que viven alí e que a única flora que hai son musgos. Así coñecemos a diferentes especies de pingüíns, ás focas, aos leóns mariños, a aves como o petrel e tamén ao krill, que é un pequeno crustáceo do que se alimentan moitos dos demais animais.
    Na seguinte parte da videoconferencia explicáronnos algúns dos proxectos científicos que están realizando, como é a base onde viven, que fan e cales son as funcións que teñen alí. 
     Para rematar a actividade abriuse unha queda de preguntas na que o noso alumnado e o alumnado dos outros centros participantes pudieron falar directamente cos nosos interlocutores.
    Ao final, o alumnado recibiu un saúdo especial de Pablo Álvarez xa que ten raíces en Sober e foi membro da Banda de Música do noso Cocenllo durante varios anos.
     E despois da videoconferencia aínda tivemos outra sorpresa: chegaron os diplomas que acreditan o apadriñamento dun pingüín por parte de cada clase puidendo ver na foto correspondente os seus pingüíns apadriñados: Marcelino, Josito, Tomi e Saltarín.
  Con este diploma comprometémonos a coidar o medio ambiente para que os pingüíns residentes na Antártida poidan seguir vivindo alí durante moito tempo.
MOITAS  GRAZAS  AOS  RESPONSABLES  DA  CAMPAÑA  POR  PERMITIR  QUE  O NOSO  CENTRO  FOSE  UN  DOS  PARTICIPANTES  NAS  VIDEOCONFERENCIAS  DESTE ANO!!
Se queredes ampliar a información sobre esta campaña podedes facelo directamente na súa páxina web:
.png)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

 
 


.jpg)
.jpg)
.jpg)
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario