Mentres estivemos de entroido conmemorouse o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Un día que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas celebra o 11 de febreiro coa intención de visibilizar "o
 labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar
 vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na 
ciencia".
   No colexio sumámonos a esta iniciativa
 invitando cada ano á biblioteca a mulleres de Ciencia relacionadas coa nosa comunidade educativa. Nesta ocasión tivemos
 con nós a Alejandra Losada Novoa, compañeira do mestre Marco e que, entre outras cousas, estudou Desenvolvemento de aplicacións web.
   Ela explicounos o seu traballo e que era iso de programar: que se programa? onde atopamos programación na nosa vida cotiá? que é necesario para programar? onde se almacenan as aplicacións? 
   Ademais falounos da evolución dos ordenadores desde o primeiro ENIAC (Electronic Numerical Integrator and Computer) de 1947 que xa estaba operado por mulleres ata un Raspberry que é un pequeno ordenador do tamaño dunha man.
.jpg)
.jpg)
   Tamén nos falou da evolución doutros dispositivos tecnolóxicos que coñecen ou manexan os nosos alumnos e alumnas: móbiles, tablets, consolas... e mostrounos unha das primeiras consolas que utilizaban casettes.
.jpg) 
       .jpg)
  Despois pasamos á parte práctica da intervención. Primeiro un pouco de programación scratch e despois Alejandra desmontou un dos vellos ordenadores que temos no almacén do colexio para ensinarnos os seus compoñentes e comparalos cos actuais e cun escornabot.
 
      Así o noso alumnado puido ver de cerca como é un ordenador por dentro.
 
    Para saber moitas máis cousas sobre programación e sobre o traballo de Alejandra podedes escoitar o seguinte podcast no que ela responde ás preguntas de Martín, Lara e Candela.
 
MOITAS  GRAZAS  POR  DEDICARNOS ESTA MAÑÁ!!
ESPERAMOS 
 QUE  CON  ACTIVIDADES  COMO  ESTAS  AS  CRIANZAS 
COMPRENDAN  QUE  NO  FUTURO  PODEN  SER  O  QUE  
QUEIRAN  SER. 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario