Pechamos as actividades da biblioteca deste ano DÁNDOLLE AS GRAZAS AOS BIBLIOAXUDANTES!!
Eles/elas forman parte do programa Voluntariado de Lectura - A integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...
Por todas estas horas dedicadas á biblioteca, fixémoslle entrega dos diplomas correspondentes, das mochilas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e dun pequeno agasallo de Lectuvín.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA DEDICACIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario