Cada etapa ten un principio e un fin e hoxe é o final da etapa de Ada, Pablo, Candela, Antía, Martín, Lara, Itzae, Nayara e Daniela no noso colexio. Eran tan cativos cando chegaron por primeira vez ao cole fai nove anos, alá polo 2016!
Agora danos moita mágoa que marchen pero non hai remedio porque teñen que medrar e superar etapas. Pero antes de marchar, quixeron gravar unha carta de despedida que podedes escoitar a continuación na que recordan o seu paso polo colexio e teñen palabras agarimosas para os compañeiros e para os profes que formamos parte do seu paso polo centro.
Esperamos que non esquezades a importancia do traballo e da constancia e que no instituto sigades xuntos, apoiándovos e axudándovos para ter éxito nos vosos estudos e na vosa vida como adolescentes.
Desexámosvos moito éxito na nova andaina que empezaredes no instituto e que lembredes sempre que este é o voso cole e que nos teredes aquí para o que precisedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario