Remata hoxe a actividade As familias contan deste ano coa familia de Ada, Teo e a súa nai, Antía. Aínda que esta é unha visita diferente porque Antía é a profe de infantil do noso centro e vela como nai contando un conto resulta curioso para o noso alumnado; e tamén porque é a última participación de Ada nesta actividade como alumna xa que o próximo ano xa que ir ao instituto.
Eles viñeron a compartir con nós o libro Tú y yo, hermanos escrito por Elisenda Roca.
Con esta lectura descubrimos o que a maioría xa sabiamos: ter un irmán ou unha irmá é marabilloso menos cando nos pelexamos!!
Escoitar as pelexas dos dous protagonistas porque un destrúe o que construíra a outra, porque unha coloca e o outro descoloca, porque o pequeno entra na habitación da maior, porque o máis cativo morde, porque se botan a culpa un ao outro, buff... fixo que moitos dos nenos e das nenas se viran reflectidos.
Así que ao final podemos dicir que ter irmáns é estupendo; pero eso si adultos, NON LLE GUSTA NADA QUE OS COMPAREN así que xa sabedes o que non debedes facer!
Se queredes saber máis sobre as aventuras destes dous irmáns podedes escoitar todo o conto no seguinte podcast que gravaron en Radiuvín
MOITAS GRAZAS AOS TRES POR COMPARTIR CON NÓS ESTE CONTO QUE NOS LEMBRA QUE TER UN IRMÁN OU UNHA IRMÁ ÁS VECES PODE SER UN FASTIDIO PERO TAMÉN É MOI DIVERTIDO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario